1888. SEÑORITA XULIA

DATOS BÁSICOS

ESTUDO MOMENTO

Idade recomendada: >13 anos
Duración: 90 min
Lingua: galego
Foco A voltas cos Clásicos

#posfunción: 19 de abril ao remate da función

Adaptación do clásico de August Strindberg de 1888. A señorita Xulia decide aproveitar unha ausencia do seu pai, o Conde, para organizar unha festa secreta cos criados.  Durante a velada, seduce a Xoán, criado predilecto do Conde. Os dous amantes caen nun perigoso xogo de paixón, violencia, inocencia e amor. Dúas criaturas brillantes, vítimas do condicionamento social e moral dos seus mundos, tan diferentes...< O texto de Strindberg sorprende –e atemoriza– por actual e contundente. É posible a igualdade entre home e muller? Entre ricos e pobres? Entre rei e escravo?

Tras o éxito de 1879. Casa de Bonecas, Premio Luísa Villalta pola Igualdade en 2018, Estudo Momento volve demostrar o seu compromiso co feminismo, rescatando un clásico para seguir afondando na ardua tarefa de construír un futuro mellor, no que as mulleres sexan quen de pensar e vivir por elas mesmas.

Dirección: Xoán C. Mejuto e Iria Ares Elenco: Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares

Deseño de iluminación: Antón Arias

Deseño sonoro: Alberto Beade

Caracterización: Mara Collazo Vestiario: Estudo Momento

Deseño de escenografía: Xoán C. Mejuto

Produción: Estudo Momento

Co-Produción e residencia técnica: Concello de Arteixo

 

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Venres, 19 Abril, 2024
20:30
Teatro Principal