RFG · A COR DA MEMORIA

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

ABONO

Baldur Brönnimann, director

Wu Wei, sheng

  • Itziar Viloria: Oihartzun gorriak (Ecos vermellos)*
  • Huang Ruo: The Colour Yellow for Sheng and Orchestra (A cor amarela para sheng e orquestra) **
  • Igor Stravinski: O paxaro de lume, suite (versión 1945)

*Co-encarga da RFG e a Euskadiko Orkestra. Estrea absoluta

** Estrea en España

 Coa participación dos alumnos da EAEM

a cor da memoria

As cores moldean os sons e a tímbrica deste concerto, que se abre con Ecos vermellos, estrea da compositora vasca Itziar Viloria, quen compón desde unha perspectiva interdisciplinar. Ecos vermellos fálanos da cor e da memoria, da vida das xentes e dos lugares que se fan universais a partir dun pequeno territorio propio, como a Bizkaia industrial onde naceu a compositora. Das tímbricas vermellas achegámonos ás distintas variantes do amarelo en A cor amarela para sheng e orquestra, do compositor chino-norteamericano Huang Ruo, quen, a partir deste instrumento de cana milenario da China, fusiona as culturas china e europea, clásica e popular. O programa retoma a cor vermella última suite do ballet o Paxaro de lume, de Stravinski. Obra de 1945, foi a versión que máis lle satisfixo ao compositor ruso, nacionalizado norteamericano despois de deixar Francia.

CONVERSANDO CON... Sala Mozart 19:45 h

Baldur Brönnimann

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 18 Abril, 2024
20:30
Auditorio de Galicia